Martes, 17 de febrero de 2009

Orixinalmente domesticado nas estepas do leste de Asia, a súa grande utilidade e alto valor militar propiciou que fose adoptado en toda Eurasia entre os anos 2.500 e 2.000 a. de C. Os exploradores europeos que invadiron América no século XVI levárono consigo, logrando a súa adopción tanto polos pobos nativos coma nos asentamentos europeos.

A Rapa das Bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crin dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos/Wikipedia


Publicado por a333 @ 18:09
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios