Domingo, 15 de febrero de 2009

O corvo común (Corvus corax) é, con máis de 60 cm, a especie máis grande do xénero dos corvos e da súa familia Corvidae.

É semellante á cornexa negra (Corvus corone corone) pero significativamente maior, cun peso de 1.250 g e unha envergadura de ás de 12o cm. A plumaxe é dun negro acibeche con irisacións azuadas. Ten o pico negro moi robusto. Non existe un marcado dimorfismo sexual.

En voo chama a atención polo seu longo pescozo e pola súa cauda cuneiforme. O seu canto é característico e coñecido como corveo ou corvear. Non obstante é capaz de imitar sons doutros paxaros e mesmo doutros animais, chegando ata pronunciar palabras humanas soltas/WIKIPEDIA


Publicado por a333 @ 20:15
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios